facebook twitter youtube

El sindicato gallego denuncia la precarización por la imposición del «periodista multimedia»

O SXG non se opón a incorporación de avances tecnolóxicos ao proceso informativo. Ao contrario, valóraos positivamente pois, usados correctamente, facilitan a labor dos informadores. Agora ben, o Sindicato considera inaceptable que as institucións e medios exploten estes avances para sobrecargar de traballo aos seus asalariados.

Máis responsabilidades sen cobrar por elas
Trátase dunha sobrecarga de traballo que -na práctica totalidade dos casos- non é remunerada. Por exemplo, xa é habitual que os redactores teñan que ademais de elaborar textos- sacar, seleccionar e editar fotografías. Un traballo para o que na maioría dos casos non están suficientemente formados.

Ademais, obrigar aos redactores a facerse cargo da información gráfica implica a desaparición de postos de traballo dos verdadeiros coñecedores desta labor, os fotoxornalistas e cámaras de televisión. Noutros moitos casos implica a redución dos ingresos dos fotógrafos, pois a maioría deles cobran por peza.

 

Chamamento aos poderes públicos
En definitiva, converter aos redactores en «»traballadores multimedia» só está causando perda de postos de traballo, caída dos ingresos dos fotoxornalistas, sobrecarga de traballo dos redactores e , nalgúns casos, diminución da calidade dos materiais publicados.

Por iso, o SXG solicita aos medios e, especialmente, ás institucións públicas con gabinetes de comunicación, que non continúen aproveitándose da dixitalización do proceso informativo.

Non poden usala como escusa para explotar aínda máis os traballadores da comunicación en Galicia, que xa teñen que soportar un mercado laboral con elevadísimos índices de precariedade.

 

Etiquetas:

Comunicados

igualdad
periodistas a la pieza
en red
press
efj
ifj
creative commons
Federación de Sindicatos de Periodistas, FeSP
Calle Roger de Llúria, 5 5º 1ª - 08010 Barcelona
Teléfono: 934 127 763 — Fax: 934 127 763
Correo electrónico: contacto@fesperiodistas.org